‘Viveiro ante o Berce’ abrirase ao público do 5 de decembro ao 13 de xaneiro

O belén a tamaño natural constitúe "un dinamizador turístico e económico" para o municipio

Nacemento a tamaño natural de Viveiro. TURISMO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro inaugurará o próximo xoves 5 de decembro o belén a tamaño real ‘Viveiro ante o Berce, o mesmo día que acenderá o alumeado de Nadal.

O acto do belén, ás seis da tarde, contará coa actuación do coro infantil CEIP de Celeiro e haberá chocolate con churros de balde. Segundo resalta o goberno local, “este nacemento está considerado un dos máis importantes de Galicia pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e por instalarse nun enclave histórico-monumental, no atrio da Igrexa de Santa María“.

“É un atractivo que atrae cada ano a un maior número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociacións ou centros educativos de diferentes concellos con interese en coñecelo”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Tanto o belén a tamaño natural, que poderá visitarse ata o 13 de xaneiro de 09.00 a 00.00 horas, como o alumeado de Nadal “son importantes dinamizadores para Viveiro dende un punto de vista económico e turístico“.

O Belén de Nadal de Viveiro está composto por 50 figuras a tamaño natural e 40 animais. Nel recréase, “con todo luxo de detalles o que podería ser a poboación onde naceu Xesús“, indica o Concello.

AMPLIACIÓN DO ALUMEADO

Con respecto ao alumeado, “vaise intentar distribuír a iluminación por todo o concello, dentro das posiblidades e intentando instalar algún elemento no maior número de puntos posibles”, informa a alcaldesa.

Dentro do casco histórico, o alumeado ampliase este ano ata a Praza da Fontenova e a rúa Teodoro de Quirós, que é a que sube ata o belén; fóra do casco, aumentarán tamén os puntos de luz e elementos decorativos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here